viernes, 25 de junio de 2021

BOAS VACACIÓNS

Ben Ribaterces, o curso chegou á súa fin. Foi un curso especial, pero a verdade que estivemos moi a gusto! Seguro que o vindeiro curso imos aprender unha chea de cousas e tamén o imos pasar moi ben.

Pero para prepararnos para 4º e non esquecernos de cousiñas, déixovos material que inclúe actividades, xogos... para que repasedes o que traballamos en 3º.

Se queredes comprar un caderno, este é interesante e divertido. É da editorial Anaya.

Se preferides non comprar, aquí tedes algunhas opcións para imprimir. Premede no nome enriba da imaxe para acceder ao documento.



Tamén tedes unha aplicación de ACADEMONS por se queredes practicar xogando.


Na seguinte páxina web tedes xogos para practicar diferentes contidos de lengua, matemáticas, sociais... Podedes escoller os xogos por materia e por idade.


Antes de despedirnos, déixovos a ligazón ao ESCAPE ROOM que non nos deu tempo a facer na clase.
BOAS VACACIÓNS PARA TOD@S!!!

BOAS VACACIÓNS

Ben Ribaterces, o curso chegou á súa fin. Foi un curso especial, pero a verdade que estivemos moi a gusto! Seguro que o vindeiro curso imos ...