miércoles, 18 de noviembre de 2020

XOVES 19 DE NOVEMBRO

Continuamos traballando os Dereitos das nenas e nenos. Dende o cole propuxéronos unha actividade moi chula para o venres. Aínda que veremos cales son eses dereitos, na clase imos centrarnos nun en concreto que é: O DEREITO A UNHA VIDA DIGNA

O primeiro que faremos será un concurso co mellor debuxo deste Dereito. Os da casa, podedes subir a Classdojo o debuxo ou enviarmo por email. Unha vez que escollamos o debuxo, gravaremos un vídeo explicando ao resto do cole en que consiste o Dereito que escollemos 3ºB

Primeiro imos facer un repaso aos dereitos coas seguintes imaxes. Preme nas ligazóns

DEREITOS DAS NENAS E NENOS

DEREITOS DAS NENAS E NENOS 2

ACTIVIDADE


Imos centrarnos agora no DEREITO Á VIDA. 

TODOS AS NENAS E NENOS TEÑEN DEREITO Á VIDA, A VIVIR NUN AMBIENTE DE CONSIDERACIÓN E RESPECTO. TEÑEN DEREITO A UNHA VIDA DIGNA DENTRO DO SEO DUNHA FAMILIA PARA MEDRAR E DESENVOLVERSE CORRECTAMENTE. A FAMILIA NON SÓ SIGNIFICA QUE EXISTAN LAZOS DE SANGUE SENÓN QUE IMPLICA TER UN NOME E UN FOGAR, REQUESITOS FUNDAMENTAIS PARA SER UNHA NENA OU NENO VISIBLE E NON CAER NA DISCRIMINACIÓN SOCIAL.

VÍDEOS RELACIONADOS CON ESTE DEREITO


ACTIVIDADE

Explica no teu caderno as diferenzas entre as 2 situacións que aparecen no vídeo

VÍDEO
VÍDEO SOBRE O DEREITO Á VIDA E COMO PODEMOS TODOS TEMOS QUE AXUDAR PARA QUE SE CUMPRA.
DEBUXO

Agora, despois de todo o que vistes e ter claro en que consiste este dereito, é hora de que fagades o voso debuxo sobre O DEREITO Á VIDA.

BOAS VACACIÓNS

Ben Ribaterces, o curso chegou á súa fin. Foi un curso especial, pero a verdade que estivemos moi a gusto! Seguro que o vindeiro curso imos ...