Con motivo do Día Internacional da Paz e Non Violencia, traballamos durante esta semana varios aspectos relacionados con este día. Comezamos vendo un vídeo para saber que lles suxería aos rapaces e rapazas, do que sacaron moi boas conclusións: non todo é blanco ou negro, a veces temos que darlle un pouco de cor ao noso diálogo e non só dar como bo o que nós queremos e pensamos. Debemos ESCOITAR aos demais e intentar chegar a ACORDOS. Porque se non, o noso discurso só nos levará a pelexar.
CURTAMETRAXE
Moito mellor a vida con cores, non é? Imos escoitar a canción que nos lembra a importancia da cor nas nosas vidas.
CANCIÓN
Tamén aprendemos un pouquiño sobre Gandhi, unha figura imprescindible cando falamos de paz
GANDHI
Todo isto levounos a recoller aquelas palabras que están relacionadas e que son necesarias para conseguir a Paz. Todos os rapaces e rapazas do cole escribimos nun muro a nosa palabra!
Tamén os alumn@s de 3º escribimos unhas mensaxes que metemos nunha botella para que o mar a leve a todos os recunchos e lle lembre ao mundo a importancia de termos Paz nas nosas vidas. Este foi o resultado.
Para rematar desexarvos un BO DÍA DA PAZ!